Tuesday 14 de May de 2024

Val do Dubra acolle mañán un concerto de Mamá Cabra para os máis pequenos


O Concello de Val do Dubra acolle mañán mércores, día 17 de decembro, un concerto de Mamá Cabra dirixido aos máis pequenos e dentro xa da programación do Nadal. Organizaddo polo Concello de Val do Dubra comenzará ás 11.45 horas e será no auditorio municipal. Mamá Cabra é un grupo de música infantil que dende o escenario artella xogos para compartir un momento de ritmo, canto audición e sobre todo movemento musical cos máis pequenos.